Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo as resolucións de cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.
As resolucións foron ditadas pola persoa titular da Dirección Territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Dirección Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
As resolucións mencionadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser impugnadas en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.
Lugo, 7 de agosto de 2024
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Núm. de expediente |
DNI/Pasaporte/NIE |
Acto notificado |
|
LU-2021/00070 |
35576433X |
Resolución de cancelación da inscrición |
|
LU-2013/00104 |
34308490B |
Resolución de cancelación da inscrición |
|
LU-2018/00122 |
AS947237 |
Resolución de cancelación da inscrición |
|
LU-2017/00029 |
Y0162475V |
Resolución de cancelación da inscrición |
