Na sesión que tivo lugar o 6 de novembro de 2023, o tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 4, administrativo (técnico auxiliar en informática), nomeado pola Resolución do Consello Económico e Social de Galicia do 28 de xuño de 2023 (DOG número 132, do 12 de xullo),
ACORDOU:
Primeiro. Propor, de conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria, o nomeamento como persoal laboral fixo da única aspirante presentada e que superou o proceso selectivo para o ingreso no grupo 4, administrativo (técnico auxiliar en informática), no Consello Económico e Social e que figura no anexo.
Segundo. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2023
Patricia Roiola Rodríguez
Presidenta do tribunal
ANEXO
|
NIF |
Apelidos e nome |
|
***3075** |
Castro Ures, Esther |
