DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2024 Páx. 48671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se notifica o acordo de suspensión do expediente PSC-PO-0062/2024-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de suspensión do expediente PSC-PO-0062/2024-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación, para presentar recurso de alzada ante o conselleiro do Mar.

O expediente relacionado no anexo está á disposición da persoa interesada nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vigo, 9 de agosto de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0062/2024-PPM

36126004L

Acordo de suspensión

Poboadores, núm. 14, 2º, Vigo