DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2024 Páx. 48651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 9 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de centro autorizado de tratamento (CAT) de vehículos e maquinaria agrícola ao final de súa vida útil na parroquia de Corvelle, no concello de Vilalba (expediente 2024/0059).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 6 de agosto de 2024 do proxecto de centro autorizado de tratamento (CAT) de vehículos e maquinaria agrícola ao final da súa vida útil, na parroquia de Corvelle (Vilalba, Lugo), no concello de Vilalba (Lugo) promovido por José Fernández Debasa.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade