DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2024 Páx. 48635

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 18 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR352B).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG núm. 185, do 28 de setembro).

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

ANEXO

TR352B 2023 Subvención para entidades sen ánimo de lucro
que contraten axentes de emprego e unidades de apoio

Entidade beneficiaria

NIF

Concedido (2023)

Aplicación orzamentaria

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

G15068091

59.918,40

11.30.322C.481.8

Federación Autismo Galicia

G15549306

59.918,40

11.30.322C.481.8

Cegasal

G15616287

29.959,20

11.30.322C.481.8

Federación Down Galicia

G15665144

282.247,20

11.30.322C.481.8

Asoc. para a Promoción Social e Inserción Laboral Plataforma polo Emprego

G15795818

29.959,20

11.30.322C.481.8

Fundación Paideia Galiza

G15798655

50.457,60

11.30.322C.481.8

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

G32115941

239.673,60

11.30.322C.481.8

Asociación Autismo Ourense

G32249484

50.457,60

11.30.322C.481.8

Asoc. de Empresas de Inserción de Galicia-Aeiga

G32369506

29.959,20

11.30.322C.481.8

Asociación Autismo Bata

G36105567

29.959,20

11.30.322C.481.8

Federación Gallega de Asociaciones en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual o del Desarrollo (FADEMGA Plena Inclusión Galicia)

G36620037

80.416,80

11.30.322C.481.8

Down Vigo Asoc. para el Síndrome de Down

G36697324

59.918,40

11.30.322C.481.8

Fundación Secretariado Gitano

G83117374

59.918,40

11.30.322C.481.8

Cruz Roja Española

Q2866001G

110.376,00

11.30.322C.481.8