DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 2 de setembro de 2024 Páx. 49208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2024/001-1).

Expediente: IN407A 2024/001-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: anexo II ao proxecto de recuamento LMTS, RBTS polígono Vío.

Concello: A Coruña.

Feitos:

1. Mediante a Resolución do 5 de abril de 2024, da entón denominada Xefatura Territorial da Coruña, concedeuse a UFD Distribución Electricidad, S.A. a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (recuamento LMTS, RBTS polígono Vío, expediente IN407A 2024/001-1).

Posteriormente, a promotora presentou un anexo ao proxecto para reflectir os cambios no trazado de parte da liña de media tensión proxectada nas partes provisional e definitiva. Así, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentaron o proxecto de execución denominado anexo I ao proxecto de recuamento LMTS, RBTS polígono Vío, asinado o día 26.6.2024 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica, núm. colexiada 2.033 da Coruña. O día 5.8.2024 corrixiron o título do documento como anexo II ao proxecto de recuamento LMTS, RBTS polígono Vío.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello da Coruña e ADIF. A propia empresa promotora presentou as licenzas e informes positivos emitidos polos organismos afectados.

4. O día 6.8.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no polígono industrial de Vío, no concello da Coruña, e as súas características técnicas modificadas son as seguintes:

• Tramo provisional:

Actuación 1 GRN-752.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, con orixe e final no punto de acceso á rede existente, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm2, cunha lonxitude de 131 m.

Actuación 2 GRN-756.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, con orixe e final no punto de acceso á rede existente, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm2, cunha lonxitude de 131 m.

Actuación 3 GRN-756.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, con orixe e final no punto de acceso á rede existente, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm2, cunha lonxitude de 366 m.

• Tramo definitivo:

Actuación 1 GRN-756.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, con orixe e final no punto de acceso á rede existente, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm2, cunha lonxitude de 53 m.

Actuación 2 GRN-756.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, con orixe e final no punto de acceso á rede existente despois de facer entrada e saída no CS Bombeo pol. Vío, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm2, cunha lonxitude de 248 m.

Actuación 3 GRN756.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, con orixe na cela do CT núm. 1 Vío e final no punto de acceso á rede existente, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm2, cunha lonxitude de 921 m.

Actuación 4 GRN752.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, con orixe e final no punto de acceso á rede existente, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm2, cunha lonxitude de 899 m.

Actuación 5 GRN753.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, con orixe e final no punto de acceso á rede existente, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm2, cunha lonxitude de 806 m.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 6 de agosto de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña