DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 2 de setembro de 2024 Páx. 49221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se lles comunica aos titulares o traslado das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello da Merca (expediente IN407A 2022/171-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica instalación de reconectador TC en LMTA CEL804-apoio núm. 140-1, situada no concello da Merca, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 14 de agosto de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/171-3.

Denominación: instalación de reconectador TC en LMTA CEL804, apoio núm. 140-1.

Concello: A Merca.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio

núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data da acta

de ocupación

1

Zaramontao

32048A506004010000XM

Herdeiros de Sara Grande Carreiro

Enderezo

descoñecido

11.8.2023