DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 2 de setembro de 2024 Páx. 49158

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2024 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso, por oposición libre, aos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro e do segundo exercicios (PR461B).

No Diario Oficial de Galicia número 114, do 13 de xuño de 2024, publicouse a Orde do 31 de maio de 2024 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo de acceso, por oposición libre (código de procedemento PR461B), aos corpos da Policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía.

O 28 de xuño de 2024, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes.

No Diario Oficial de Galicia número 154, do 9 de agosto de 2024, publicouse a Resolución do 2 de agosto de 2024 pola que se declara a tramitación de urxencia no proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B).

Con data do 13 de agosto de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 2 de agosto pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por oposición libre. Esta resolución concedía un prazo de cinco días hábiles para emendar os motivos de exclusión ou de non exención da proba de lingua galega. Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido nos puntos 3 e 4 da referida Orde do 31 de maio de 2024, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo de acceso, por oposición libre, convocado pola Orde do 31 de maio de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño), así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe definitiva de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública https://agasp.xunta.gal

A listaxe de persoas declaradas exentas ou non exentas da realización da proba de lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública https://agasp.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas excluídas no proceso de acceso por oposición libre, con indicación da causa determinante da súa exclusión, tamén figura como anexo I a esta resolución.

Segundo. O primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso, por oposición libre, correspondente á proba de avaliación de coñecementos, terá lugar o día 21 de setembro de 2024, no recinto feiral de Silleda, 36540 Silleda (Pontevedra), en chamamento único que se realizará ás 10.00 horas.

As persoas convocadas deberán presentarse na porta asignada, que será publicada con anterioridade á proba na páxina web da Agasp, coa seguinte documentación:

1. DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade.

2. Bolígrafo negro ou azul, tipo BIC.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento dos que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de teléfonos móbiles.

Terceiro. O segundo exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba de avaliación do coñecemento da lingua galega, realizarase inmediatamente a continuación da primeira proba, unha vez finalizada esta.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 23 de agosto de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Proceso de acceso por oposición libre nos corpos da Policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 31 de maio de 2024 (PR461B)

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Motivo da exclusión

(código)

***5560**

Adán

Prieto

Jonatan

4 e 5

***0111**

Alarcón

Hernández

Mónica

3 e 4

***2890**

Alonso

Cochón

María José

5

***9214**

Álvarez

Fernández

Javier

4

***9126**

Álvarez

López

Jonathan

4

***9707**

Alves-Dacosta

Codesido

Ariana

4

***1355**

Amoedo

Carreiro

Santiago

4

***3290**

Anta

Fernández

María

1 e 2

***5646**

Arce

Lorenzo

Martín

4

***9486**

Bardelas

Paz

Diego

4

***1562**

Borrajo

Otero

Alberto

4

***2187**

Cabaleiro

Muñoz

Roberto

4

***4102**

Castiñeiras

Caamaño

Arturo

4

***4571**

Castro

Lara

Alba

4

***8802**

Chaves

Piñeiro

Martín

4

***7059**

Díaz

Díaz

María del Carmen

1 e 5

***6497**

Fernández

Celix

Nuria

1 e 5

***8799**

Fernández

Gómez

Begoña

4

***2556**

Fernández

Rodríguez

Eva

4

***0886**

Freire

Díaz-Caneja

Brais

2 e 4

***8394**

García-Rebull

Cuíñas

Victoria

4

***5623**

Gendra

Rodríguez

Noelia

1

***0869**

Gestal

Caridad

Borja

4

***7023**

Gómez

Lorenzo

Raúl

1

***0642**

González

Real

Héctor

4

***8439**

Guillán

Iglesias

Sara

4

***6673**

Hernández

Vilela

Sara

4

***3000**

Lodeiro

Fraga

Paula

4

***2705**

Lois

Iglesias

Alex

4

***7227**

López

Alonso

Natalia

4

***3525**

López

García

Sonia

4

***8748**

López

Rodríguez

José Luis

1 e 4

***0615**

López

Vega

Rubén

3

***6099**

Martín

Valero

Alejandro

1 e 4

***1957**

Méndez

Cobas

Carlos

4

***7726**

Miranda

Arcos

Samuel

2

***9890**

Mondragón

Chorén

Aida

1 e 4

***2878**

Otero

Sanmartín

David

4

***7246**

Otero

Vázquez

Antón

4

***6226**

Parodi

Rodríguez

Sujey del Valle

4

***8281**

Pemán

González

Gonzalo Jesús

4

***4466**

Pintos

Louzao

Yago

1 e 4

***0652**

Quintela

López

Hugo

2, 4 e 5

***3763**

Recarey

Valiña

Beatriz

4

***3515**

Regueiro

Janeiro

Iván

4

***8002**

Rivadulla

Gondar

Noelia

4

***7101**

Rodríguez

Baeza

Irma

1 e 4

***8134**

Rubal

Palacios

Elisa

4

***5484**

Rumbo

Mendoza

Gabriel

4

***4476**

Silva

Reinoso

Christian Alejandro

2 e 4

***6176**

Suárez

Ogando

Luis Adrián

4

***9059**

Terrados

Ferreira

Iago

4

***0129**

Varela

Ansede

Ainhoa

4

***8889**

Vázquez

Lemos

David

4

***9137**

Vidal

Landeira

Brais

4

Causas de exclusión:

Cód.

Descrición

1

Solicitude incompleta ou incorrectamente cuberta

2

Non foi posible consultar a inexistencia de antecedentes penais. Debe presentar documentación acreditativa.

3

Non ten ou non foi posible consultar a titulación académica requirida. Debe presentar documentación acreditativa.

4

Non ten ou non foi posible consultar os datos dos carnés de conducir. Debe presentar copia dos permisos de conducir exixidos (B e A2).

5

Non presenta xustificante do aboamento da taxa ou xustificante de aboamento da taxa incorrecto, incompleto ou redución da taxa non xustificada, e non foi posible comprobala. Debe presentar documentación acreditativa da redución ou xustificante de aboamento da taxa.