En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos neste, faise público que na correspondente oficina pública de Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais desta secretaría xeral, se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos do Sindicato Nacional Do Ensino Privado de Galicia.
(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: traballadores e traballadoras que desempeñen ou busquen desempeñar un traballo asalariado no ámbito do ensino privado.
– Asinantes: Teresa Iglesias Cancelo e Manuel Alonso Rodríguez.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego
e Relacións Laborais
