DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 4 de setembro de 2024 Páx. 49498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito dos estatutos da Asociación Empresarial Galega de Familia, Infancia e Xuventude.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos neste, faise público que na correspondente oficina pública de Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais desta secretaría xeral, se acordou depositar os estatutos da Asociación Empresarial Galega de Familia, Infancia e Xuventude.

(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: ser unha persoa xurídica dada de alta como entidade prestadora de servizos sociais no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

– Asinantes da acta de constitución: Carlos Rosón Varela, Antonio Campanón Sanjurjo, Victorino Escamilla Paz, Francisco Caneda Otero, Julio Barreiro González, Víctor Manuel Muñoz Vázquez e Verónica Rivadulla Parcero.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego
e Relacións Laborais