De conformidade co disposto no artigo 94.2 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non poder determinar a identidade das persoas titulares dos predios afectados, por ignorar o lugar de notificación ou logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio o emprazamento para o trámite de alegacións no expediente de aprobación do proxecto básico do polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra, no concello de Oímbra (Ourense).
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Oímbra, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):
a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, número 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas ou se está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2024
María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO I
Persoas titulares dos predios afectados dos cales
non se puido determinar a súa identidade
|
Referencia catastral |
Nome e apelidos |
|
32054A5******8****AY |
María Adelaida Estévez Alonso |
|
32054A5******2****AG |
Herdeiros de Delfín Feijoo Plaza |
|
32054A5******2****AG |
María Alonso Pousada |
|
32054A5******0****AL |
Herdeiros de Jesús Boo Feijoo |
|
32054A5******2****AF |
Felisa Pérez García |
|
32054A5******2****AF |
Herdeiros de Pablo Pérez García |
|
32054A5******2****AF |
Josefina Pérez García |
|
32054A5******2****AF |
Filomena Pérez García |
|
32054A5******2****AF |
Custodia Pérez García |
ANEXO II
Persoas interesadas ás cales, logo de intentada a notificación,
esta non se puido efectuar
|
Referencia catastral |
Nome e apelidos |
|
32054A5******8****AT |
Agustín Álvarez André |
|
32054A5******1****AJ |
Antonio Pérez Pérez |
|
32054A5******0****AB |
Carlos Rodríguez Rodríguez |
|
32054A5******2****AI |
Felisa Prada Conde |
|
32054A5******9****AB |
José Álvarez González |
|
32054A5******6****AR |
Manuel Pardo Pardo |
|
32054A5******3****AJ |
Manuela Prada Conde |
|
32054A0******9****SO |
Margarita Méndez Damorín |
|
32054A5******0****AI |
María Celia Barreira Dobarrio |
|
32054A5******5****AU |
María Margarita Paulos Alonso |
|
32054A5******4****AZ |
María Tereza Paulos Alonso |
|
32054A5******2****AB |
Milagros Pardo Villamarín |
|
32054A5******3****AQ |
Vicente González Pérez |
