DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 5 de setembro de 2024 Páx. 49592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente MON-CO-0107-2024 DIS.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instructora do expediente.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo do Departamento Territorial do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 19 de agosto de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

Anexo

Expediente: MON-CO-0107-2024 DIS.

DNI denunciada: 32652557D.

Acto de notificación: proposta de resolución.