Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Pontevedra, 23 de agosto de 2024
A directora territorial de Pontevedra
P.A. (Orde do 5.7.2021)
Marcos Barreiro García
Xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa I e Interior
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIF/CIF |
Resolución notificada |
|
PR204A 2023/4376-4 |
77970025W |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/4843-4 |
77005902Q |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/5177-4 |
77005902Q |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/6325-4 |
76931069W |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/6650-4 |
35469578J |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/8065-4 |
44075385W |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/8542-4 |
76851486E |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/8563-4 |
36090916Y |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/8798-4 |
76996511D |
Denegatoria |
|
PR204A 2023/9019-4 |
35322265S |
Denegatoria |
