Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol EN LMT BRT713, apoio AXLRLWX6//15, no concello de Carballo (expediente IN407A 2023/399-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e, posteriormente, para a redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 22 de agosto de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/399-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Concello: Carballo.
|
Predio |
Lugar |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
|
1 |
Vella Morta |
Ramiro Rama Andrade |
1.10.2024 |
10.15 |
