DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 6 de setembro de 2024 Páx. 49646

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 29 de agosto de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 18 de decembro de 2023 (DOG núm. 240, do 20 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base 2.1.1.2, o segundo exercicio é obrigatorio non eliminatorio e cualificarase de 0 a 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo co nivel do Celga requirido no proceso selectivo (Celga 2 ou equivalente).

Segundo. Unha vez realizada a corrección do segundo exercicio nas sesións do 17 de xullo e 29 de agosto de 2024, publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes convocadas:

NIF

Apelidos e nome

Cualificación 2º exercicio

***0697**

Colino Fernández, Celia

10 puntos

***8922**

Domínguez Marcos, Duarte

Non presentado

***4944**

Eiriz Limia, Noelia

10 puntos

***6561**

Gigerín Martínez, José Luis

10 puntos

***8192**

Gil González, Adrián

Non presentado

***3924**

Gordaliza Vázquez, José Luis

10 puntos

***5698**

Lens Miras, Manuel

10 puntos

***7292**

Losada García, María

Non presentado

***1146**

Mera Cereijo, Ángel

Non presentado

***1766**

Nieto de Almeida Ruso, María Belén

Non presentado

***1623**

Paz Pazos, José Manuel

9 puntos

***7649**

Pereira Rodríguez, Brais

10 puntos

***7960**

Pereiro Suárez, Juan

10 puntos

***7160**

Santos Mieites, Iván Fernando

Non presentado

***4959**

Trabado Gómez, Isabel

Non presentado

Terceiro. De acordo co disposto na base 2.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base 3.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2024

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal