Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e requirimento da folla de valoración, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SMR706 entre apoios nº 104-12 e nº 104-16 e CT Confurco, no concello de Ferrol (expediente IN407A 2022/388-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A copia da acta e do depósito previo atópanse ao dispor das persoas interesadas na sede da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión dos documentos devanditos ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 26 de agosto de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/388-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: reglamentación LMTA SMR706 entre apoios nº 104-12 e nº 104-16 y CT Confurco.
Concello: Ferrol.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data da ocupación |
|
2 |
Polígono 31. Parcela 192 |
Descoñecido |
12.9.24 |
