DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 9 de setembro de 2024 Páx. 49925

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción por Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publicamos a referencia do expediente e a referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, da que o enderezo do titular resulta descoñecido, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, e advertimos expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Titular catastral

39

1069

36036A039010690000QJ

DNI 01577362E

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 19 de agosto de 2024

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa