BDNS (Identif.): 783798.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/783798).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado que está matriculado/a en estudos de grao en centros propios do Campus de Ourense ou da Escola de Enfermaría de Ourense no curso 2024/25.
Segundo. Obxecto
O obxecto das axudas é atender o custo económico que supón a realización de estudos universitarios oficiais para o alumnado empadroado nos concellos rurais da provincia de Ourense distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución pola que se convocan as bolsas de desprazamento Ourense Rural-Grao para estudantado do Campus de Ourense do curso 2024/25.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas bolsas será de vinte e seis mil euros (26.000 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 5 de setembro ata o 25 de setembro de 2024.
Vigo, 4 de setembro de 2024
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Francisco Javier Rodríguez Rajo
Vicerreitor do Campus de Ourense
