DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2024 Páx. 50157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Celeiro, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivo Punta Promontoiro-Punta do Cancho.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución do 14 de agosto de 2024, da directora territorial de Celeiro, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parque de cultivo entre Punta Promontoiro e Punta do Cancho, na marxe esquerda da ría de Ortigueira, Cariño (A Coruña).

Superficie: 8.100 m2.

Data da resolución do outorgamento: 24.7.1968 (BOE núm. 190, do 8 de agosto).

Remate da vixencia: 29.7.2028.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule), berberecho birollo (Cerastoderma glaucum) e ostra rizada (magallana gigas).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actual titular: María del Carmen Martínez López (***1736**).

Novo titular: Yurii Sokolov (****7936*).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Viveiro, 14 de agosto de 2024

María Carmen Gueimunde González
Directora territorial de Celeiro