DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2024 Páx. 50109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 29 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ANI-PO-0023/2024 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede deste departamento territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 29 de agosto de 2024

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado

ANI-PO-0023/2024

77009222R

Incoación

Polo director territorial

ANI-PO-0054/2024

35486271P

Incoación

Polo director territorial

ANI-PO-0058/2024

76989563F

Incoación

Polo director territorial

ANI-PO-0059/2024

36129034J

Incoación

Polo director territorial