DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2024 Páx. 50148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a Resolución do 27 de agosto de 2024 relativa a unha instalación eléctrica no concello de Allariz (expediente IN407A 2024/057-3).

Mediante a Resolución do 27 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas no concello de Allariz (expediente IN407A 2024/057-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, neste Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 29 de agosto de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/057-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMTA SCV803 no treito entre os apoios núm. 46-51 e núm. 46-53.

Termo municipal: lugar de San Vitoiro, concello de Allariz.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32002A048006100000WY.

Lugar: A Viña.

Cultivo: prado.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio 46-52/1.