DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2024 Páx. 50262

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 29 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (código de procedemento PE209F).

BDNS (Identif.): 784421.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, organizacións de produtores pesqueiros, cooperativas do mar e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por persoas pescadoras ou mariscadoras.

As entidades serán sen ánimo de lucro e terán ámbito territorial e a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

As entidades poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente entre elas, como unha agrupación de entidades.

Cando as actividades de recollida de residuos e de arribazóns de algas que poidan afectar os bancos marisqueiros sexan realizadas no ámbito territorial dun plan de xestión de marisqueo, só poderán ser beneficiarios das subvencións as entidades de interese colectivo do sector que sexan titulares do plan de xestión.

Segundo. Finalidade

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, no mar e nas praias, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

O procedemento que regula esta orde correspóndese co código PE209F da Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 29 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (código de procedemento PE209F).

Cuarto. Importe

1. O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2024 e a plurianualidade asociada acada o importe de seiscentos cincuenta mil euros (650.000,00 euros), repartidos nas seguintes anualidades:

Partida orzamentaria

2024

2025

Total

46.03.723C.7802

300.000,00

350.000,00

650.000,00

2. As porcentaxes de cofinanciamento das axudas son do 70 % de fondos FEMPA e do 30 % pola Comunidade Autónoma.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2024

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar