DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2024 Páx. 50344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 30 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación de depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LAT 66 kV de evacuación do parque eólico Acibal.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación, da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV de evacuación do parque eólico Acibal, no concello de Moraña, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante a Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra. Na solicitude deberán achegar unha copia do DNI e un certificado da conta bancaria que acrediten que figuran como titulares da conta na que se ingresará o depósito.

Pontevedra, 30 de agosto de 2024

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de pontevedra

ANEXO

Expediente: IN408A 2018/01.

Entidade beneficiaria: Norvento, S.L.U.

Denominación da instalación: LAT 66 kV de evacuación do parque eólico Acibal.

Concello: Moraña.

Predio

Titular

Depósito de prezo xusto

028

Descoñecido

2024/36/236

029

Hros. Modesto Villar Fontáns

2024/36/237

045

Hros. Aída Villaverde Pereira

2024/36/239

047

Hros. Aída Villaverde Pereira

2024/36/240

064

Hros. Agustina Consuelo Pereira Durán

2024/36/242

071

Hros. Nonila López

2024/36/243

073

José Barros Calvo

2024/36/244

083

Manuel Ruibal Gamallo

2024/36/247

085/1

Descoñecido

2024/36/248

102A

Hros. Emilia Novás

2024/36/249

105A

Elisardo Cerviño Ruibal

2024/36/250

124

Manuel García Silva

2024/36/251

174

Manuel Ruibal Fariña

2024/36/253

186

Hros. Hortensia García Ruibal

2024/36/254

211

Hros. Víctor Calvo Novas

2024/36/255

226

Manuel Ruibal Fariña

2024/36/256

282

Hros. María Luísa Álvarez Fariña

2024/36/259