DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2024 Páx. 50363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de setembro de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de reforma da LMTA VLG807, no lugar de Casal.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio son informadas as persoas a que afecta a expropiación da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de reforma da LMTA VLG807, no lugar de Casal, no concello de Sanxenxo, que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acrediten que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 2 de setembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/278-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma da LMTA VLG807, no lugar de Casal.

Concello: Sanxenxo.

Predio

Referencia catastral

Persoa titular

Depósito do prezo xusto

1

36051A055016250000FK

Descoñecida

2024/54/385

2

36051A055015900000FL

Descoñecida

2024/54/386