En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Maderas Cajaraville, S.L.
NIF: B-15.021.991.
Expediente: DH.V15.98815.
Lugar: Pontevea.
Parroquia: Reis.
Concello: Teo.
Tipo de vertedura: augas residuais industriais de escorrega depuradas.
Caudal máximo anual: 17.567 m3/ano.
Punto de vertedura: X=537.021; Y=4.734.245.
Medio receptor: río Ulla.
Tratamento/evacuación:
As augas residuais industriais de escorrega potencialmente contaminadas son tratadas nun sistema de depuración constituído por pozo de grosos, canle de desbaste, sistema de cavitación e aireación por Venturi e clarificador. O efluente depurado conéctase a unha canalización existente na zona que verte ao río Ulla.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, solicitando cita previa no teléfono 981 54 50 87.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común de las administraciones públicas.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024
Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras
