DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2024 Páx. 50392

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 12 de xullo de 2024, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondentes á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (código de procedemento AP400F).

Con data do 23 de xullo de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 12 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondentes á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (código de procedemento AP400F).

No artigo 6 da convocatoria disponse que o prazo de presentación de solicitudes durará ata o 16 de setembro de 2024, incluído.

En atención á necesidade de ampliación do prazo de presentación de solicitudes de subvención, motivado pola necesidade de elaboración de orzamentos por parte de terceiros que se está a demorar, e de cara a facilitar o cumprimento dos obxectivos desta medida e tendo en conta que non existe ningún impedimento xurídico, considérase axeitado ampliar o prazo inicialmente establecido.

Con base no anterior, e en uso das competencias atribuídas no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Resolución do 12 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondentes á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (código de procedemento AP400F).

A Resolución do 12 de xullo de 2024, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondentes á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (código de procedemento AP400F), queda modificada como segue:

1. O artigo 5.1 da convocatoria queda redactado como segue:

«1. A execución dos gastos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude é o 15 de novembro de 2024».

2. O artigo 5.2 da convocatoria queda redactado como segue:

«2. As persoas beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa da execución dos gastos subvencionables nun prazo máximo de tres (3) meses desde a finalización da actuación e, en todo caso, ata a data límite, que é o 15 de novembro de 2024».

3. O artigo 6.1 da convocatoria queda redactado como segue:

«1. O prazo para a presentación das solicitudes de subvención iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e durará ata o 11 de outubro de 2024, incluído. Este prazo poderá ser ampliado no caso da existencia de crédito dispoñible ou ben no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo».

Disposición derradeira primeira. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2024

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia