A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 1 de agosto de 2024, resolución en que ordenaba a inmediata suspensión das obras executadas en solo rústico en relación co expediente PO-0116-2024.
Ao non podérselle realizar a notificación persoal do acordo á persoa interesada con documento nacional de identidade número 53976464H, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpor un recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2024
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
