DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2024 Páx. 50520

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuar a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a continuación, comunícase ás persoas responsables a súa obrigación legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas seguidamente, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Número expediente

Referencia catastral

Parroquia

Titulares catastrais

2024/V001/000034

15005A07200328

Morás

C.S.C.

En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación no BOE (Boletín Oficial del Estado) para o cumprimento voluntario da obrigación de xestión da biomasa nas parcelas citadas.

Transcorrido o dito prazo, e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Así mesmo, comunícase ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.

Arteixo, 21 de agosto de 2024

O alcalde
P.D. (Decreto 2027/2023, do 21 de xuño)
Víctor Merelas García
Concelleiro con delegación especial de Medio Ambiente