En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Adolfo Delfín González Chantada, en representación da Comunidade de Regantes de Framil, Valiñas e Serantes.
Expediente: DH.A36.95734.
Volume total anual: 14.220,00 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,66 l/s.
Destino: rega.
Orixe: sete mananciais: M1 a M7.
M1 na parcela 20195.
M2 na parcela 40195.
M3 e M4 na parcela 176.
M5 na parcela 134.
M6 na parcela 131.
M7 na parcela 241.
Todas no polígono 309 do catastro de Vilanova de Arousa.
Lugar: Framil.
Parroquia: Baión.
Concello: Vilanova de Arousa.
Descrición:
A auga das captacións condúcese á caseta na parcela 72, polígono 310, que contén 22 depósitos e comunica con outra na parcela 69, polígono 310 que contén 21. Desde estes condúcese a auga ás parcelas dos usuarios da comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 17 de xullo de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
