Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 18 de agosto de 2024 realizouse a aprobación provisional do proxecto de trazado do acondicionamento da AC-421 en Agualada (Coristanco), de clave AC/23/091.10, no concello de Coristanco (A Coruña), que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.
Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,
ACORDO:
Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado do acondicionamento da AC-421 en Agualada (Coristanco), de clave AC/23/091.10, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, mediante escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, se é o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.
Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou oporse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.
Cuarto. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña) e na casa do concello de Coristanco.
Así mesmo, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento, cos obxectivos, localización e descrición da actuación, estarán dispoñibles na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2024
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Acondicionamento da AC-421 en Agualada (Coristanco)
Clave: AC/23/091.10
Concello de Coristanco
|
Nº |
Referencia |
Políg. |
Parcela |
Titular |
NIF |
Clase de solo |
Clasificación |
Situación básica do solo |
Expropiación |
|
1 |
6089808NH1768N0001WG |
30 |
8 |
Vila Torres, Mª Luisa (hrdos.) |
***4405** |
Urbano |
S. Urbano |
Urbanizado |
6,24 |
|
2 |
6089809NH1768N0001AG |
30 |
9 |
Torres Reborido, Diamantino (hrdos.) |
***2195** |
Urbano |
S. Urbano |
Urbanizado |
41,72 |
|
3 |
15029A030007600000DI |
30 |
760 |
Abelenda Pose, Inocencia (hrdos.) |
***2455** |
Rústico |
S. Rústico de especial protección |
Rural |
4,45 |
|
4 |
15029A030007610000DJ |
30 |
761 |
García Núñez, Delfina (hrdos.) |
***4429** |
Rústico |
S. Rústico de especial protección |
Rural |
46,62 |
|
5 |
15029A030007020000DH |
30 |
702 |
Calvo Amarelle, Obdulia |
***7156** |
Rústico |
S. Rústico de especial protección |
Rural |
88,00 |
|
6 |
15029A030007050000DB |
30 |
705 |
Pombo Lista, Francisco |
***6227** |
Rústico |
S. Rústico de especial protección |
Rural |
13,15 |
|
7 |
15029A030009180000DE |
30 |
918 |
Fariña Martínez, Carmen |
***2522** |
Rústico |
S. Rústico de especial protección |
Rural |
81,21 |
|
8 |
15029A030006990000DZ |
30 |
699 |
Bermúdez Lorenzo, José Ignacio |
***6364** |
Rústico |
S. Rústico de especial protección |
Rural |
58,40 |
|
9 |
15029A029002130000DY |
29 |
213 |
Fernández Andrade, Juan |
***5736** |
Rústico |
S. Rústico de especial protección |
Rural |
23,89 |
|
10 |
15029A029002700000DS |
29 |
270 |
García Rodríguez, Dosinda |
***4439** |
Rústico |
S. Rústico de especial protección |
Rural |
5,10 |
