DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2024 Páx. 50711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Valadouro (expediente IN407A 2024/61-2).

Unha vez visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

– Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

– Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

– Denominación: substitución de condutor en 3 tramos da LSAT 20 kV S. Martiño.

– Situación: concello do Valadouro.

– Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV S. Martiño en canalización existente, con orixe nunha cela do CT 11165 avenida de Viveiro e final nunha cela no CT 4716 Caiado, cunha lonxitude de 130 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV S. Martiño en canalización existente, con orixe nunha cela do CT 4716 Caiado e final nunha cela no CT 10943 Veiga, cunha lonxitude de 420 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV S. Martiño en canalización existente, con orixe nunha cela do CT 10943 Veiga e final nunha cela no CT 9231 Arco da Vella, cunha lonxitude de 260 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Desmontaxe de 810 metros de condutor RHZ1-95 mm.

– Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

– Orzamento: 31.934,76 euros.

– Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello do Valadouro.

Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das condicións seguintes:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. Deberán cumprirse en todo momento as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 28 de agosto de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo