DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2024 Páx. 50696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 23 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2023/324-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol en LMT POR706, apoyo ANMEBL9T//34-17-3, no concello de Touro (expediente IN407A 2023/324-1), por resolución desta dirección territorial, do 24 de maio de 2024, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Esta dirección territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 11 de outubro de 2024 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con este acordo no taboleiro de edictos do Concello de Touro, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 14 de novembro de 2023, no Boletín Oficial da provincia do 26 de outubro de 2023 e no xornal La Voz de Galicia do 30 de outubro de 2023, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás que se lles practicará notificación individual, e se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectadas sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 23 de agosto de 2024

Isidoro Martinez Arca
Director territorial da Coruña