En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro),
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios e protocolos subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2024
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO
Convenios e protocolos de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2024
|
Convenio |
Data da sinatura |
Importe |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello de Marín para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación |
6.5.2024 |
Sen achega económica por parte da EGAP |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para o desenvolvemento de actividades de formación |
3.7.2024 |
54.090 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Escola Galega de Administración Pública para a organización do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2024 |
4.7.2024 |
Sen achega económica por parte da EGAP |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Escola Galega de Administración Pública para a organización do curso de capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais |
13.8.2024 |
Sen achega económica por parte da EGAP |
