En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que, na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral, acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos da Federación de Industria da Confederación Intersindical Galega (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: traballadores e traballadoras de Galicia das actividades industriais das centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, refugallos, sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns, pirotecnias, e da industria siderometalúrxica, en todas as súas ramas.
– Asinantes: María Asunción Gómez Martínez, Anxo Lúa Areas, Vicente Carballal López, Eduardo Caamaño Lestón e Beatriz Blanco Rodríguez.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
