DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2024 Páx. 51102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 26 de xullo de 2024, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación no DPP do edificio 12.48.EDF.016 (parcial) no porto de Ribeira para almacén, punto de distribución e repartición de materiais, compoñentes e repostos mecánicos e eléctricos, así como apoio loxístico para a actividade de instalación e mantemento de instalacións eléctricas navais (código 12-48-19-C-2).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por «Electro Naval Perfecto, S.L.», para a ocupación en superficie de DPP do edificio 12.48.EDF.016 (parcial), como almacén, punto de distribución e repartición de materiais, compoñentes e repostos mecánicos e eléctricos e apoio loxístico para a actividade de instalación e mantemento de instalacións eléctricas navais, de acordo coa resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 4 de outubro de 2019, e segundo a Confrontación da ocupación levantada e asinada pola Xefatura da Zona Centro, no porto de Ribeira.

O que se fai público, para os efectos previstos no 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º andar, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 26 de xullo de 2024

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro