DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2024 Páx. 51072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de setembro de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador PSC-CO-0530/2024-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. Poderá comparecer nas oficinas da sede da Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, núm. 2, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A Coruña, 5 de setembro de 2024

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0530/2024-PPM

33771329D

Comunicación

Travesía Orillamar 7, 2º esq., 15001 (A Coruña)