DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2024 Páx. 51059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de setembro de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento da acta de ocupación complementaria de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica en relación co expediente de expropiación IN407A 2015/169-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT SMR-712/SMR-713-rúa Instituto, no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/169-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 4 de setembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expte.: IN407A 2015/169-1.

Solicitante UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: recuamento LMT SMR-712/SMR-713-rúa Instituto.

Concello: Ferrol.

Nº predio

Concello

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data

Hora

1

Ferrol

Casquido

2660701NJ6126S0001LP

Descoñecido

25.10.2024

10.20