DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2024 Páx. 51063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de setembro de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a Resolución do 5 de setembro de 2024 relativa a instalacións eléctricas no concello de Vilamarín (expediente IN407A 2023/189-3).

Mediante a Resolución do 5 de setembro de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas no concello de Vilamarín (expediente IN407A 2023/189-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase o titular do predio que no anexo se relaciona para sere notificado por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

A persoa interesada, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, no Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 6 de setembro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,

de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN 407A 2023/189-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de reconectador TC en LMTA PRS811 no apoio nº 104.

Termo municipal: lugar de Agro do Cura, no concello de Vilamarín.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32088A048000590000BH.

Lugar: Agro do Cura.

Cultivo: prado.

Titular: Ramón Boinorto Pérez.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio 104.