Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a resolución deste departamento territorial, do 14 de agosto de 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominado Instalación de reconectador TC no apoio nº A3ARAX82//C13-36-2 da LAMT CBL701B Bertoa-Laracha 1, no concello de Carballo (expediente IN407A 2023/335-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 9 de setembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Instalación de reconectador TC no apoio nº A3ARAX82//C13-36-2 da LAMT CBL-701B Bértoa-Laracha 1
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Carballo
|
Parcela proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
CT/Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Descoñecida/o |
15019A13500027 |
Cadabuxo |
Novo apoio nº C13-36-2 (ITC) |
2 |
Labor ou labradío de secaño |
||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.
