Para os efectos previstos no artigo 13 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma, sométese á información pública a solicitude de autorización de aproveitamento das augas mineromedicinais e termais procedentes da captación denominada Allariz número 104 que se cita:
– Nome: Allariz número 104.
– Recurso: sección B) auga mineromedicinal.
– Concello: Allariz.
– Titular: Natur Hotel Spa Allariz, S.A.
– Situación: coordenadas UTM (ETRS 89) fuso 29: X: 598.632,29 e Y: 4.672.035,20.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos terreos, bens e dereitos comprendidos no perímetro de protección, para que poidan examinar o proxecto xeral de aproveitamento, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de quince (15) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación poderase examinar neste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras
Ourense, 22 de agosto de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
