DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2024 Páx. 51117

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Pracíns e Rozadas

ANUNCIO da exposición pública dos estatutos da comunidade.

O que subscribe, Santiago Santos Rodríguez, veciño das Rozadas, parroquia de Chandebrito, municipio de Nigrán, actuando como representante da Comunidade de Usuarios de Pracíns e Rozadas, mediante este anuncio comunico a todos os usuarios e persoas interesadas que os estatutos da comunidade estarán expostos ao público no Concello de Nigrán durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poidan ser examinados e presentar as alegacións que, se é o caso, se consideren oportunas.

Nigrán, 26 de agosto de 2024

Santiago Santos Rodríguez
Representante da Comunidade
de Usuarios de Pracíns e Rozadas