DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2024 Páx. 51155

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 25 de outubro de 2023 pola que se conceden as axudas do ano 2024 para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia (IN854A).

No Diario Oficial de Galicia do 3 de novembro de 2023 publicouse a Resolución do 25 de outubro de 2023, pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, convocadas pola Resolución do 29 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 133, do 13 de xullo).

Conforme o establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Axencia Galega de Innovación acordou ampliar en 1.000.000 € os créditos destinados a estas axudas no exercicio 2024.

Despois da tramitación e aprobación do correspondente expediente económico, modificáronse as axudas concedidas para o exercicio 2024 aos centros tecnolóxicos. En consonancia, publícase o importe actualizado das axudas concedidas.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Incrementar a dotación das axudas concedidas para o exercicio 2024 aos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia polos importes que se indican na táboa seguinte:

Entidade beneficiaria

Importe inicial

axuda 2024

Importe ampliación

axuda 2024

Importe final

axuda 2024

Fundación para la Promoción de la Innovación, Investigación y Desarrollo Tecnológico en la Industria de Automoción de Galicia

551.492,28 €

177.900,74 €

729.393,02 €

Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas Pescados y Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de productos de pesca

368.834,53 €

118.978,88 €

487.813,41 €

Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética

170.350,21 €

54.951,68 €

225.301,89 €

ClÚster Da Acuicultura

215.962,22 €

69.665,23 €

285.627,45 €

Asociación De Investigación Metalúrgica del Noroeste-Centro Tecnolóxico Aimen

482.892,30 €

155.771,71€

638.664,01 €

Fundación Centro Tecnológico de Investigación Multisectorial

346.657,03 €

111.824,85 €

458.481,88 €

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

482.869,64 €

155.764,40 €

638.634,04 €

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

310.099,89 €

100.032,22 €

410.132,11 €

Fundación Centro Gallego de Investigaciones del Agua

170.841,90 €

55.110,29 €

225.952,19 €

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación