DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2024 Páx. 51148

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición e mantemento dos bens informáticos e dos medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR321B).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1, alínea b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

En consecuencia,

RESOLVO:

Dar publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición e mantemento dos bens informáticos e os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR321B), que figuran no anexo I.

A súa aprobación realizouse no exercicio 2023 con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712C.781.1 (proxecto 2013.00635) dotada con 130.000 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, e ten como finalidade a actualización informática das organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Subvencións concedidas

Nº expediente

NIF

Beneficiario/a

Importe

MR321B_2023_001

***4422**

Asociación Agromacen Agrogandeira do Macizo Central

1.157,36 €

MR321B_2023_002

***1116**

Xestión Rural de Galicia

388,15 €

MR321B_2023_003

***1146**

Asociación Agraria de Galicia

14.638,50 €

MR321B_2023_004

***0239**

Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas

9.946,76 €

MR321B_2023_005

***3491**

Asociación Agrogandeira Ourensán

3.384,68 €

MR321B_2023_006

***1153**

Unións Agrarias-UPA

29.743,40 €

MR321B_2023_007

***4650**

Asociación Xestión Agrogandeira Galega

1.676,37 €