DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2024 Páx. 51199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 10 de setembro de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0788/2023-COP e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0788/2023-COP e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

Vigo, 10 de setembro de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-PO-0788/2023-COP

14406574

Resolución

Doutor Bernardino Machado, 3, Idanha-Sintra (Portugal)

PSC-PO-0115/2024-PPM

35304751G

Resolución

Casas, 18, Miraflores, Sanxenxo

PSC-PO-0145/2024-PPM

35479170Z

Resolución

A Graña, 7, O Grove

PSC-PO-0181/2024-PPM

77974112H

Resolución

Camiño do Bao de Abaixo, Poio

PSC-PO-0364/2024-PRE

26623614X

Resolución

Lugar A Ramorta, 81, Bueu