DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2024 Páx. 51137

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2023/24.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311F) (Diario Oficial de Galicia número 150, do 5 de agosto), e de conformidade co establecido no artigo 11 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberán analizar e valorar as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2023/24 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. O xurado poderá dispoñer a constitución dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración dos méritos dos aspirantes.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2024

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO

Xurado de selección

a) Ámbito de Música.

Presidente: Rubén Vázquez Rodríguez, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, por delegación da directora xeral de Formación Profesional.

Vogais:

– Rosalía Polo Cal, inspectora de Educación.

– Lorena López Cobas, asesora de Música e Artes Escénicas.

– Mª Elena Sobrino Fernández, asesora de Ensinanzas Artísticas.

Secretaria: Ana María López Díaz, asesora de Música e Artes Escénicas.

b) Ámbito de Danza.

Presidente: Rubén Vázquez Rodríguez, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, por delegación da directora xeral de Formación Profesional.

Vogais:

– Raquel González García, xefa de servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente.

– María de los Ángeles Gayoso Diz, profesora de Música e Artes Escénicas.

– Lorena López Cobas, asesora de Música e Artes Escénicas.

Secretaria: Ana María López Díaz, asesora de Música e Artes Escénicas.

c) Ámbito de Artes Plásticas e Deseño.

Presidente: Rubén Vázquez Rodríguez, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, por delegación da directora xeral de Formación Profesional.

Vogais:

– Gustavo Lorenzo Prozzo, inspector de Educación.

– Irene Gago Pesado, asesora de Artes Plásticas e Deseño.

– Carmen Lage Veloso, profesora de Artes Plásticas e Deseño.

Secretaria: Ana María López Díaz, asesora de Música e Artes Escénicas.