DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2024 Páx. 51189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 5 de setembro de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación dos depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución do apoio A3M2DE63 na LMT MUR817.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación, da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do apoio A3M2DE63 na LMT MUR817, no concello de Pontevedra, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta na que se ingresará o depósito.

Vigo, 5 de setembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/63-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución do apoio A3M2DE63 na LMT MUR817.

Concello: Pontevedra.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

1

36900A067003620000QH

Descoñecido

2024/54/391