DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2024 Páx. 51194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 6 de setembro de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2024/078-3 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados poden comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias deste departamento territorial na avenida de La Habana, nº 79, 7º andar, Ourense.

Fáiselles saber ás persoas interesadas que poden formular recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que proceda, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar no Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que neles se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001 (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Ourense, 6 de setembro de 2024

Marta Vázquez Guzmán
Directora territorial de Ourense
ANEXO

Expediente

Acta infracción

número

NIF/CIF

Concello

Materia

Data da

resolución

78/2024

I322024000010914

34990734Y

Ourense

Obstrución

2.8.2024

79/2024

I322024000013439

34990734Y

Ourense

Relacións Laborais

2.8.2024