DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 9 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2018/00020).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa identificada no anexo a resolución de cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

A resolución foi ditada pola persoa titular do departamento territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu expediente, se atopa á disposición da persoa interesada na sede do Departamento Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70-1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución mencionada non pon fin á vía administrativa, polo que contra ela se pode recorrer en alzada ante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.

Lugo, 9 de setembro de 2024

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI

Acto notificado

LU-2018/00020

33349214L

Resolución de cancelación da inscrición