DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 6 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar resolucións de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2024/00403 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), ao non ser posible a notificación persoal ás persoas interesadas, notifícaselles ás abaixo relacionadas que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O anterior notifícase de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 6 de setembro de 2024

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

PO-2024/00403

71458370S

PO-2024/00403

71458518W

PO-2024/00431

34878589D

PO-2024/00431

34877947B

PO-2024/00442

36123321G

PO-2024/00442

AQ147718

PO-2024/00585

78739492G

PO-2024/00585

78738223T