DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 27 de agosto de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2024/085-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: instalación de reconectador TC no apoio núm. BD5JKMVV//32 da LAMT VLL813 PTE Gozos-Castadón 13.

Situación: lugar de San Salvador, concello do Pereiro de Aguiar.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución do apoio existente núm. BD5JKMVV//32, por un novo apoio de celosía metálica do tipo C-14/2000 no que se instala un novo reconectador seccionador.

• Instalación de 113 m de novo condutor LA-110, en substitución do condutor existente, entre o apoio núm. BD3JHD99//31 e o apoio proxectado núm. BD5JKMVV//32.

• Instalación de 13 m de novo condutor LA-56, en substitución do condutor existente, entre o apoio núm. BD59TV8U//32-1 e o apoio proxectado núm. BD5JKMVV//32.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos, colexiado núm. LE-1010 do COIILE o 21.4.2023.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar no Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 27 de agosto de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2024/085-3.

Situación: lugar de San Salvador, concello do Pereiro de Aguiar.

Denominación: instalación de reconectador TC no apoio núm. BD5JKMVV//32 da LAMT VLL813 PTE Gozos-Castadón 13.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32059A08200848.

Lugar: Aradas.

Cultivo: prado.

Titular: José Luis Rey do Pazo.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. BD5JKMVV//32 e de 193,04 m2 de servidume de voo.